Clínic Deputación de Ourense: Rubén Vieira, nova confirmación

Rubén Vieira achegará a súa experiencia no Clínic “Deputación de Ourense”. Os vindeiros 28, 29 e 30 de xuño o preparador físico, natural de Celanova, tomará parte do Clínic dentro da sección ¨Observatorio Aplicado ao Baloncesto¨, marcada para a tarde do venres.

Rubén Vieira desenvolveu gran parte da súa etapa profesional en Monbús Obradoiro, na liga Endesa, tras os seus inicios en Club Ourense Baloncesto.

Licenciado en Ciencias da Actividade física e deporte así como adestrador superior de baloncesto, polas súas mans pasaron un alto número de profesionais no club santiagués durante oito tempadas.

A súa responsabilidade nunha competición fisicamente tan esixente obriga a que a planificación individual, a calidade e o detalle nesta parcela, sexan o foco dun traballo integrado na preparación dun equipo no alto rendemento.

Unha suma de experiencias que compartirá no ¨Observatorio Aplicado ao Baloncesto¨, dentro do Clinic Deputación de Ourense, o cal xa conta con profesionais de auténtica altura confirmados: Jaume Ponsarnau, Anna Montañana, Antonio Pérez Caínzos, Cristina Cantero e Dani Miret. 

INSCRICIÓN

O Clínic “Deputación de Ourense” mantén a súa INSCRICIÓN ABERTA .Todos os adestradores e adestradoras que desexen desfrutar da experiencia de aprendizaxe xunto aos poñentes xa confirmados poden tramitar a súa presenza por dúas vías e con diferentes opcións de pago e oferta hoteleira. A información completa para este proceso pode consultarse AQUÍ. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram