A Escola Galega de Adestradores #EGA colabora con Drocer Eventos no seu “Clínic de Formación”, que terá lugar en Lugo o vindeiro un de marzo.
Con sede no Colexio Diocesano de San Lorenzo, protagonizarán o mesmo os técnicos Albert Batalla e Antonio Carrillo e a temática central, sobre a que ambos alternarán as súas intervencións, versará sobre “a ensinanza e a aprendizaxe na iniciación ao Baloncesto”.
Validación Formación Complementaria
O alumnado dos Cursos de Nivel iniciación e Nivel 1 da Escola Galega de Adestradores poderá validar a súa participación no “Clínic de Formación” por un total de 5 horas FC se asisten a media xornada, ou 12 horas se a asistencia é completa.
A información completa da actividade, así como a inscrición poden consultarse e tramitarse vía mail: baloncesto@recordeventos.com












