A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Escola Galega de Adestradores (EGA) colabora co Club Baloncesto Base Costa Ártabra no “Clínic de Baloncesto con Toni Carrillo”
O vindeiro 9 de setembro, no polideportivo ferrolá “Javier Gómez Noya”, os adestradores e adestradoras galegas teñen a oportunidade de participar no “Clínic de Baloncesto con Toni Carrillo”, organizado polo Club Baloncesto Costa Ártabra e co propio Carrillo, adestrador superior e formador de formadores; como protagonista.
O Clínic estenderase dende as 09:00h ata as 20:00 h e recollerá actividades teóricas e prácticas baixo a dirección de Toni Carrillo, e coa “Metodoloxía en iniciación ao Baloncesto: de escola a infantil” como obxectivo das mesmas.
Os detalles do programa do Clínic ao completo, así como a posibilidades de tramitar a inscrición; poden consultarse na seguinte ligazón.
Validación Horaria
A asistencia á totalidade do Clínic poderá validarse por 10 horas de formación complementaria para os alumnos dos Cursos de Adestradores FGB.










