(Info: BBCA) O vindeiro sábado 7 de setembro de 2024, o Polideportivo “Javier Gómez Noya” de Ferrol, no barrio de Caranza, será o escenario da segunda edición do Clínic BBCA “Memorial César Manso”. Este evento, organizado polo Club Baloncesto Costa Ártabra e o Concello de Ferrol, está dirixido a adestradores e adestradoras de toda Galicia que desexen mellorar a súa formación en baloncesto.
Baixo o título “Fortalecendo o Xogo: Liderado, Táctica e Formación Defensiva”, o Clínic contará coa participación de destacados expertos:
- Diego Blázquez, adestrador superior e profesor da Federación de Baloncesto de Madrid, especialista na formación de xogadores de base.
- Cristino Menor, adestrador superior e director de canteiras en clubs como Oporto e Estudiantes de Lugo, ademais de docente na Escola Galega de Adestradores.
- Andrés Íñiguez, psicólogo xeral sanitario e director de INPSISA, especializado en psicoloxía deportiva.
A Programación do Clínic establecerase do seguinte xeito:
10:30h: Acreditación de asistentes.
10:45h: Presentación do Clínic.
11:00h: “A influencia do liderado no crecemento persoal do deportista”, con Andrés Íñiguez.
12:00h: Pausa para café.
12:30h: “Técnica, táctica e espazos. Tres piares para o crecemento do xogador”, con Cristino Menor.
14:00h: Pausa para o xantar.
16:00h: “Construír un equipo desde a defensa (1×1 ao 5×5)”, con Diego Blázquez.
17:30h: Pausa para café.
18:00h: “Traballo de recepcións e aspectos a considerar na ensinanza do man a man”, con Diego Blázquez.
19:30h: Acto de clausura.
19:45h: Peche do evento.
Ademáis, todos os adestradores e adestradoras que asistan á xornada completa recibirán unha convalidación de 10 horas de formación complementaria, outorgada pola Escola Galega de Adestrador@s.
A inscrición ao mesmo pode realizarse AQUÍ.
O Clínic conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto (FGB), o Instituto de Psicoloxía e Saúde (INPSISA) e a Asociación Veciñal de Canido. Esta será unha xornada única para a aprendizaxe e o desenvolvemento profesional dos adestradores e adestradoras galegas.












