Cita co Clínic de Nadal para o Comité Galego de Árbitros

​O Comité Galego de Árbitros afronta o paso de ecuador da temporada e faino co xa tradicional Clínic de Nadal. A cita será o vindeiro domingo, 29 de novembro; nas instalacións do Colexio Plurilingüe María Auxiliadora Salesianos – Ourense.

​Están convocados para a ocasión os colexiados Grupo 1, dispoñibles e Sub 23 ​CGAB, que afrontarán a seguinte programación:  

Dirixe: Miguel Ángel Pérez Pérez, Director Técnico Comité Galego de Árbitros. 

​10:00 h Probas Físicas.

12:00 h Test de regras. 

12:30 h – Vídeo Test. 

​13:00 h – Actividade lúdica.

14:00 h – Xantar

15:30 h – Revisión de criterios. 

​16:45 h – Descanso.

17:00 h Revisión de Criterios. 

18:00 h – Clausura.

Agradecer a colaboración do ​Colexio Plurilingüe María Auxiliadora Salesianos – Ourense por acoller​nos na súa sede. 

Clínic Oficiais

​Nesa mesma data, pero xa en formato virtual, os oficiais de mesa CGAB de categorías FEB e ACB celebrarán tamén o seu Clínic, que se estenderá de 10:00 h a 13:00 h, afondando na unificación de criterios. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias