
A Copa Galicia EBA toma o relevo inmediato da categoría feminina e desputará a súa final este sábado, 6 de outubro. Unha vez completada esta fin de semana a FASE PREVIA, e tras tres xornadas de competición en dous grupos, CB Chantada e Santo Domingo Betanzos convírtense en finalistas e protagonistas dun encontro que terá lugar na propia vila de Chantada.
O Pavillón Municipal desta localidade acollerá na xornada do sábado (19.00 h), unha final que tras dous anos consecutivos (2016 e 2017) celebrándose en Betanzos con vitoria para os locais, cambia este ano a súa localización achegando a todos os afeccionados de Chantada a posibilidade de desfrutar en primeira persoa da mesma.
Este Santo Domigo Betanzos – UCOGA Seguros CB Chantada será ademáis unha final que se poderá desfrutar en directo vía FEGABATV.
Copa Galicia EBA 2018 – Resultados Fase Previa
Copa Galicia EBA 2018 – Clasificación Fase Previa










