O Comité Galego de Árbitros (CGAB) estará representado por catro colexiados no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantís e Cadetes 2025.
Sergio Álvarez, Nacho Garbayo, Iago Leal e Pedro Muñoz son os árbitros designados pola FEB para dirixir os encontros do KDTINF2025 que se celebrarán na Provincia de Huelva entre os vindeiros 3 e 7 de xaneiro.
Iago e Pedro tomarán parte da competición cadete e Sergio e Nacho farano na infantil.
Aos catro desexarlle a mellor das sortes nesta nova cita nacional, da que, como cada edición, son sempre parte imprescindible da expedición galega que viaxará e vivirá intensamente unha experiencia sempre para o recordo.












