
A Federación Galega contará así con dous árbitros a este nivel.
O colexiado internacional galego pasa a formar parte do grupo de árbitros que arbitrarán a máxima competición continental na temporada 2012 – 2013.
O Departamento de Árbitros da Euroliga, coa aprobación do Departamento de Árbitros de FIBA Europa, incorporou oito novos árbitros que dirixirán durante a tempada 2012 – 2013 os partidos das competicions Euroliga e Eurocup. Carlos Cortés forma parte deste grupo de árbitros, uníndose así ao Director Técnico, Miguel Ángel Pérez Pérez; como árbitros da FGB dentro destas competicións.
A lista completa das oito incorporacións é a seguinte: Tomislav Vovk (Croacia), Carlos Cortés (España), Petros Papapetrou (Grecia), Alexey Davidov (Rusia), Aleksandar Glisic (Serbia), Saso Petek (Eslovenia), Ersan Kartal (Turquía) e Emin Mogulkoc (Turquía).












