A auga é fundamental para a vida. Máis da metade do noso corpo está composto por auga e debemos de ser conscientes de cales son as principais fontes de achega, así como de todas as formas nas que o organismo a consume.
As necesidades que presentan os adultos en canto ao consumo de auga son diferentes ás que mostran os nenos e, en consecuencia, a cantidade de auga que deben consumir, tamén.
Os máis pequenos son moito máis vulnerables á deshidratación por motivos como a súa capacidade de suoración ou a súa dificultade para recoñecer a sensación de sede entre outros.
Como saber entón se se está ben hidratado?
– A fórmula máis sinxela pasa por examinar a cor dos ouriños. Unha cor clara indica un estado de hidratación adecuado mentres que a cor escura será un sinal de deshidratación.
– Con todo, a sede non é un indicador do todo fiable, xa que, cando aparece, xa se produciu certa deshidratación. Ademais, o exercicio atrasa a aparición da sensación de sede.
Cantos litros de auga debo tomar para estar adecuadamente hidratado? Que debo ter en conta durante a práctica deportiva? Como podo facer para que os meus fillos consuman auga de forma regular?
No descargable gratuíto que DKV Seguros pon á túa disposición atoparás resposta a todas estas preguntas e unha táboa con pautas de hidratación para deportistas antes, durante e despois da competición, así como as fontes máis adecuadas para obtelo.
Descárgao, aprende e lembra, a auga sempre é unha alternativa saudable!




