Canastras contra o Cancro Infantil 2026

A Federación Galega de Baloncesto súmase á edición 2026 de Canastras Contra o Cancro Infantil e convida todos os clubs a participar.

Un ano máis, o baloncesto demostra a súa capacidade de mobilización e a súa unidade fronte a una mesma causa: o cancro infantil. Despois de que, o pasado febreiro, o basket español recadará máis de 226.000€, a iniciativa solidaria “Canastras Contra o Cancro Infantil” lanza a súa edición 2026 e convida da man da Federación Galega a todos os clubs galegos a sumarse “ao maior equipo do mundo contra o inimigo máis perigoso: o cancro infantil”.

Os fondos recadados destinaranse á Aceleradora Unoentrecienmil, unha liña de investigación continua que analiza como a práctica do exercicio físico durante o tratamento dos nenos con cancro pode axudar á súa curación.

A Federación Galega continúa apoiando esta acción que une baloncesto e solidariedade cun obxectivo moi claro: acelerar a cura do cancro infantil. Debemos seguir firmemente comprometidos coa infancia e coa transmisión de valores positivos a través do deporte, apoiando proxectos que melloran a vida de nenos e nenas que atravesan situacións especialmente difíciles.

Con motivo do Día Internacional do Cancro Infantil, 15 de febreiro, convidamos a todos os clubs a converter os partidos dos seus equipos desa xornada en solidarios (ou a xornada que consideredes durante este mes) , doando 1€ por cada punto que se marque, para acelerar a cura desta enfermidade.

É moi sinxelo!.

1. Os clubs inscríbense en canastascontraelcancer.org
2. Desde Unoentrecienmil facilitan pezas de comunicación e información ás familias.
3. O día do partido, ao acabar, os xogadores fan a súa doazón e o club encárgase de facerlla chegar a Unoentrecienmil.

Este ano non podemos faltar a esta cita que une a TODO o baloncesto español nunha xornada solidaria e animamos ao baloncesto galego a sumarse a esta causa

Xuntos podemos gañar o partido ao cancro infantil!

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias