
Dende as 09:00 h deste martes ambas as nosas Seleccións Infantís atópanse rumbo a Zaragoza, cidade que será a sede, dende mañá mesmo, 16 de abril; do Campionato de España de Seleccións Infantís 2014.
Coa mente posta en competir ao máximo e encarar cada partido do Campionato coas mellores garantías, parten de Compostela dous combinados dispostos a desfrutar da experiencia persoal e deportivamente.
Está previsto que a representación galega chegue a Zaragoza ás 21:00 h da noite, tempo a partir do cal a concentración non debe faltar. Os primeiros envites da cita nacional agardan baixo o seguinte plan:
SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA. Grupo Preferente “C”
(Galicia, Ceuta, Melilla, Castilla La Mancha e Cantabria)
16/04/2014 – 1º Xornada
(12:00 h) Ceuta – Castilla La Mancha
(12:00 h) Melilla – GALICIA
16/04/2014 – 2º Xornada
(19:30 h) Cantabria – Ceuta
(19:30 h) Castilla La Mancha – Melilla
SELECCIÓN GALEGA INFANTIL FEMININA. Grupo Especial “B”
(Galicia, Cantabria, Cataluña, Andalucía e Canarias)
16/04/2014 – 1º Xornada
(10:00 h) Cantabria – Cataluña
(10:00 h) Andalucía – Canarias
16/04/2014 – 2º Xornada
(17:30 h) GALICIA – Andalucía
(17:30 h) Canarias – Cantabria
Información puntual: O Campionato de España de Seleccións Infantil 2014 ofrece unha web oficial que seguirá, polo miudo, os avatares da competición nos seus diferentes grupos: http://campeonatoinfantilbaloncesto2014.es/
Así mesmo, e buscando dar conta de todos os pasos dos nosos e as nosas representantes na cidade maña, estarán ben activa a conta oficial de twitter do Campionato: @ctosfabasket , a nosa conta de twitter @FGB_Baloncesto e esta propia web.
Galicia Infantil Masculina – Campionato de España 2014
Galicia Infantil Feminina – Campionato de España 2014
Campionato de España Infantil 2014: calendario










