
As nosas Seleccións Galegas debutan este mércores, 16 de abril, no Campionato de España Infantil 2014, que se abre hoxe en Zaragoza e do que os nosos equipos agardan recoller a mellor das experiencias deportivas posibles.
O menú para a nosa estrea ofrece un encontro para cada unha das nosas Seleccións, cuxos rivais, horarios e resultados poden consultarse a continuación:
web oficial do campionato: http://campeonatoinfantilbaloncesto2014.es/
SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA. Grupo Preferente “C”
(Galicia, Ceuta, Melilla, Castilla La Mancha e Cantabria)
16/04/2014 – 1º Xornada
(12:00 h) Ceuta – Castilla La Mancha (25 – 107) (estatística)
(12:00 h) Melilla – GALICIA (25 – 92) (estatística)
Galicia e Melilla, sabedoras do que representa esta competición, presentáronse no Pavillón Helios coa imprescindible actitude positiva que un Campionato de España require.
Os nosos comezaron con bo pé e deixando unha fulgurante sensación de contundencia que se estendeu ao longo dos corenta minutos de xogo. A súa superioridade con respecto ao equipo melillense foi palpable dende o inicio e así, executando un presión perfecta acompañada de acertados roubos de pase, rubricaron os amplos parciais da primeira metade de xogo: 0-28 e 4-20.
No regreso de vestiarios o encontro camiñou pola mesma senda. O dominio galego viña acompañado desta volta dun interesante exercicio de defensa, avanzando, sen mudar un ápice, as previsións establecidas na primeira metade.
Melilla resistía con entereza e algo máis entonanda engadía puntos ao seu haber materializando as canastras que non antes non chegaran. Pero Galicia permaneceu como líder constante na pista ata o vitorioso remate. A Selección de Miguel Ángel Hoyo anotaba así a súa primeira vitoria na fase de grupos.
16/04/2014 – 2º Xornada
(19:30 h) Cantabria – Ceuta (102 -15) (estatística)
(19:30 h) Castilla La Mancha – Melilla (81 – 29) (estatística)
SELECCIÓN GALEGA INFANTIL FEMININA. Grupo Especial “B”
(Galicia, Cantabria, Cataluña, Andalucía e Canarias)
16/04/2014 – 1º Xornada
(10:00 h) Cantabria – Cataluña (40 – 85) (estatística)
(10:00 h) Andalucía – Canarias (53 – 46) (estatística)
16/04/2014 – 2º Xornada
(17:30 h) GALICIA – Andalucía (46 – 73) (estatística)
Compareceron as galegas no seu debut neste Campionato de España con o debido respecto ao rival e quizais certo medo. Galicia aguantou só durante os cinco primeiros minutos a dura e asfixiante defensa andaluza. A partir de aí, e mercé a varias perdas de balón na saída da presión, Andalucía empezaba a sumar canastras ben sinxelas que empezaban a marcar a súa tendencia dominante. Así, escapábanse no marcador cun claro 12 -13.
Os segundos dez minutos comezaron dando a sensación de que Galicia recuperaba o seu papel e reaccionaba en defensa, recuperando balóns e anotando con facilidade. Este pequeno paréntese de bo traballo galego servía para recortar distancias e chegar ao descanso (26 – 34) con mellores sensacións.
Pero o paso polos vestiarios non lle sentou ben ás nosas. As perdas de balón e os erros no balance defensivo regresaron e todo parecía botarse a perder. Neste intre, varias decisións arbitrais, que incluíron dúas técnicas a Armando Otero, acabaron por romper a moral de Galicia, que vían como o partido se lles escapaba das mans. Andalucía estaba xa a 20 puntos de distancia (36 -56).
Nesta tesitura, o derradeiro cuarto resultou de puro trámite. Un querer e non poder ante un equipo andaluz que buscaba cada balón coma se fose o último para finalizar o partido cun amplo 46-73.
Meritoria actuación a dun gran combinado andaluz e algo irrecoñecible o equipo galego, do que agardamos recupere para a xornada do xoves o espírito combativo ao que nos ten afeitos. A confianza no grupo e no preparación realizada de seguro axudan.
(17:30 h) Canarias – Cantabria (57- 53) (estatística)
Galicia Infantil Feminina
Galicia Infantil Masculina
Infantil 2014: Calendario Completo










