Campaña de recollida de material deportivo: o Baloncesto Galego solidario con Valencia

A Federación Galega de Baloncesto organiza, en colaboración coa Federación Valenciana, recollida solidaria de material deportivo. Todo o acadado irá destinado aos clubs federados en Valencia afectados pola DANA.

Para colaborar, as persoas que desexen doar o material deportivo poderán facelo a través das sedes físicas das delegacións Zonais FEGABA FGB (A Coruña, Santiago, Ferrol,  Lugo, Ourense e Vigo), cuxas localizacións e horarios de atención ao público poden consultarse AQUÍ.

O material deportivo que se precisa é: calzado, téxtil e elementos de adestramento (conos, balóns, etc)

A recollida permanecerá activa ata o 20 de decembro, día internacional da solidariedade humana e a data perfecta para poder referendar a colaboración, a empatía e o cariño de todo o Baloncesto Galego cos nosos compañeiros e compañeiras de Valencia.

Animamos a todo o mundo a participar!  Agradecemos tamén a máxima difusión desta Recollida!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias