
(Info: FEB) Cambados e Vilanova de Arousa vivirán, do 11 ao 17 de xullo, o Campionato de España Infantil Masculino cos 32 mellores equipos do país. Sete días de baloncesto de futuro cuxo calendario sorteouse este martes.
Maristas Coruña, Instituo Rosalía e Estudiantes Lugo Leyma Natura serán os representantes autonómicos nesta cita, que se estenderá entre o 11 e o 17 de xuño.
32 equipos, case 400 xogadores e un gran impacto social e económico na zona. O Campionato de España Infantil Masculino volve celebrarse en terras galegas; nesta ocasión nas localidades pontevedresas de Cambados e Vilanova de Arousa.
Este martes celebrouse o sorteo no Salón de Plenos do Concello de Cambados coa presenza da ex xogadora internacional e directora da Oficina Permanente das Ligas FEB, Elisa Aguilar; e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó.
Os tres primeiros dos Grupos A, B, C e D clasificaranse para oitavos de final xunto aos líderes dos Grupos E, F , G e H. A partir de cuartos de final o O Pombal de Cambados será escenario de todos os encontros. O Real Madrid defende o título conquistado o ano pasado en Lugo e opta ao triplete logo dos títulos no Júnior de Bilbao e o Cadete de Lleida.
Os grupos quedaron establecidos desta forma co calendario que se achega.
Calendario: XXXVIII Campionato de España de Clubs Infantil Masculino










