
Galicia volve á concentrar a atención do Baloncesto Base a nivel Nacional. A Provincia de Pontevedra convértese dende este domingo, 15 de xuño, en sede dos Campionatos de España Infantís de Clubs.
Os Concellos de Pontevedra, en categoría feminina; e Cambados, coa colaboración de Vilanova e Meaño; en masculino; serán a sede perfecta para acoller estas citas, as cales traerán consigo, en cada caso, a chegada de 32 equipos, case 400 xogadores e un movemento de máis de 3.000 persoas.
Todo está xa preparado para dar saída a dúas competicións cque contan co traballo e esforzo dos Concellos implicados e dos seus clubs: C.B. Arxil, Estudiantes de Pontevedra e Xuventude Baloncesto.
No plano deportivo, representando a Galicia contaremos cos tres primeiros clasificados na Liga FGB:
Infantil Masculino: Carballo Basket, Instituto Rosalía e Golosinas Meloso Seis do Nadal.
Infantil Feminino: C.B. Arxil A, Celta Selmark e Mercedarias Hotel Suizo.
A continuación podes consultar que encontros lles agardan aos galegos na súa primeira xornada de xogo:
XXX CAMPIONATO ESPAÑA CLUB INFANTIL FEMININO – 1º XORNADA (15/06/14)
Web oficial: http://cebif-pontevedra.org/inicio.html
Twitter: @cebifpontevedra
Grupo B: Tuenti Móvil Estudiantes, CB Arxil, R.Barros Champagnat e La Salle Melilla (CGTD)
(20:00 h) La Salle Melilla – CB Arxil
(18:00 h) Rest. Barros Champagnat – Tuenti Móvil Estudiantes
Grupo D: Canterbury Idecnet, Celta Selmark, Basket Cartagena Químicas Meroño e San Viator. (Pavillón Municipal)
(18:00 h) San Viator C – Celta Selmark
(20:00 h) Basket Cartagena Químicas Meroño – Canterbury Idecnet
Grupo G: Easo Eskola, Andalucía Promesas Litoral, Mercedarias Hotel Suizo e Litoral CB Plasencia A. (Pavillón Municipal)
(16:00 h) Mercedarias Hotel Suizo – Andalucía Promesas Litoral
(13:30 h) Litoral CB Plasencia A – Easo Eskola
XXXV CAMPIONATO ESPAÑA CLUB INFANTIL MASCULINO – 1º XORNADA (15/06/14)
Web oficial: http://www.xuven.com/
GRUPO B: Gran Canaria, Golosinas Meloso Seis Do Nadal, FPC Galeno CB Capuchinos e Tabirako Jesutak (Cambados)
(16:00 h) Golosinas Meloso Seis Do Nadal – FPC Galeno
(13:30 h) Tabirako Jesutak – Gran Canaria
GRUPO D: Adesa 80, CB Zaragoza, Carballo Basket e Luther King 2000 (Cambados)
(20:00 h) Carballo Basket – Adesa 80
(18:00 h) CB Zaragoza – Luther King 2000
GRUPO F: CB Plasencia, F.C.Barcelona, Instituto de Rosalía e Meridiano Lucentum (Vilanova)
(18:00 h) Instituto Rosalía – Meridiano Lucentum
(20.00 h) CB Plasencia – F.C.Barcelona










