A Federación Cántabra de Baloncesto, responsable esta temporada 2025 – 2026 da organización da 1º División Feminina realizou este xoves, 10 de xullo, o sorteo correspondente á primeira fase da 1ª División Feminina Grupos A1 e A2, que conta esta temporada con 28 equipos, pertenecentes á propia Cantabria, Asturias, Castilla León e a Galicia.
O Baloncesto Galego contará cun total de 8 representantes: Peleteiro Hyupersa Santiago, Vasco Shipping Seis do Nadal, CB Laracha, Institutos de Compostela Xunta de Galicia, Maristas Coruña Comercial Garmo, Básquet Coruña Leyma, CB Arxil Mafari Café e Costa Ártabra. Os 8 competirán no Grupo A2.










