Deporte Galego

O CAD Manuel Peleteiro - FGB activa proceso de inscrición nos ciclos formativos 2022 – 2023

  • 21 Abril 2022 |

O Ciclo de Actividades Deportivas que organizan conxuntamente o Colexio Manuel Peleteiro e a Federación Galega de Baloncesto activa a recepción de solicitudes para os novos estadios formativos 2022 - 2023: Ciclo Inicial Grado Medio e Ciclo de Final Grado Medio de Técnicos Deportivos en Baloncesto. 

Estes dous procesos académicos ofrecen aos adestradores e adestradoras galegas a posibilidade progresiva de completar unha titulación oficial e regulada como técnicos Deportivos en Baloncesto.

Nun escenario académico de máxima calidade e compaxinando ampla formación presencial con online, o CAD Manuel Peleteiro - FGB ofrece 30 prazas en cada ciclo, atendendo ás solicitudes de PREinscrición nas mesmas por estrita orde de chegada.

Inscrición
O proceso de Preinscrición deberá iniciarse VÍA WEB, completando unha serie de requisitos e pasos imprescindibles que se detallan ao completo na seguinte ligazón. O Prazo para este trámite vence o 15 de xuño de 2022.

** Así mesmo, as persoas interesadas en materializar esta preinscrición no CAD Manuel Peleteiro - FGB que non dispoñan de titulación (ESO, Grado Medio ou Bacharelato) deberán realizar a maiores as correspondentes probas oficiais da Xunta de Galicia para o acceso a ensinanzas deportivas.

A inscrición para estas probas está xa tamén en vigor e, no seu caso, estenderase ata o 23 de maio no relativo ao Bacharelato, e ata o 29 de xuño no correspondente á ESO e Grado Medio. A información oficial sobre as mesmas pode atoparse AQUÍ.

Estrutura Ciclos
A cota de inscrición en cada Ciclo, as súas competencias básicas, así como a carga lectiva e as obrigas e necesidades dos futuros alumnos e alumnas poden consultarse na web oficial do CAD Manuel Peleteiro - FGB.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis