Derradeira semana de prazo para tramitar a preinscrición no CAD Manuel Peleteiro - FGB. O “Ciclo Inicial de Grao Medio de Baloncesto” que Federación Galega de Baloncesto e Colexio Manuel Peleteiro teñen xa en marcha para a vindeira temporada cumpre este venres, 6 de xullo; a súa data tope para que os adestradores e adestradoras interesadas en formar parte do mesmo poidan solicitalo debidamente.
Cun total de 430 horas lectivas, divididas en carácter presencial e online, o CAD Manuel Peleterio FGB oferta un total de 60 prazas ás que poden optar todas aquelas persoas coa titulación ESO aprobada.
A estrutura temporal e didáctica deste CAD, así como todos os requisitos e detalles indispensables á hora de acometer a preinscrición; poden consultarse xa nos diferentes documentos oficiais que achegamos.
CAD Manuel Peleteiro - FGB: Tríptico oficial
Formulario Autorización Datos - CAD
Formulario de Preinscrición - CAD