Broche de ouro para a Liga de Veteranas “Autocares Rías Baixas”

A Liga de Veteranas “Autocares Rías Baixas” chega a Monforte de Lemos na súa parada final da temporada, prevista como o broche perfecto para a temporada de estrea desta categoría.

A gran velada final da Liga reunirá a todos os equipos en Monforte de Lemos, baixo a organización do CB Val de Lemos e coa colaboración do Concello local e a Deputación de Lugo.

Ademais de coñecer as primeiras Campioas da historia desta nova Liga, celebraremos xuntas o Baloncesto e todo o que a competición trouxo consigo: deporte, amizade, superación e gañas de seguir facendo crecer esta categoría.

O Calendario desta xornada final, con sede no Pavillón Municipal de A Pinguela, abrirase a partir das 10:30 h cun encontro das anfitrioas, CB Val de Lemos; ante un combinado de xogadoras de todos os equipos da Liga.

Este partido dará paso ás cruces definitivas da Liga, establecidas baixo clasificación tras as xornadas previas e con esta programación:

(7º- 8º – 12:15 h) Kempaperas – Estudiantes Pontevedra
(5º- 6º – 15:30 h)  Golfiños de Sada – La Salle Golden CAB

(3º- 4º – 17:00 h) Básquet Aurum Ferrol – Dos Más Uno Alzai – En directo vía FEGABA TV. 
(Final – 18:30 h) Perusiñas CID Cris Seijo – CB Rodaballo – En directo vía FEGABA TV. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram