Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro, que se conmemora o 4 de febreiro, dende a Federación Galega de Baloncesto unímonos á iniciativa “Brazaletes de Esperanza”, da Asociación Española Contra o Cancro. E facémolo grazas á implicación do noso Comité Galego de Árbitros (CGAB).
Nos encontros desta fin de semana das nosas competicións, os árbitros e oficiais de mesa do CGAB lucirán os seus propios brazaletes verdes, representando así a todo o Baloncesto Galego na nosa colaboración e total apoio á Asociación Española Contra o Cancro.
Esta enfermidade non distingue de cores nin escudos, elixe a todos por igual. Só todos contra o cancro poderemos gañar o partido máis difícil: continuar aumentando a supervivencia á enfermidade ata chegar a un 70% e apoiar aos miles de pacientes e familias.
#TodosContraoCancro










