A forxa dun SOÑO. E os mellores compoñentes para facelo REALIDADE.
O Baxi Ferrol afronta este mércores, 26 de marzo; en A Malata a ida da Final da EurocupWomen ante o ESBVA Lille Métropole. Será o terceiro equipo español en disputar esta final, o que é todo un fito. E vivirao acompañado da forza, o respecto e o orgullo de toda unha cidade, de toda unha Comunidade e de todo o Baloncesto e Deporte Galego.
Máis alá do que reflicta hoxe, e o vindeiro mércores na volta en Francia, o marcador: a HISTORIA do Deporte xa leva o nome de BAXI FERROL escrito en maiúsculas.
Poderemos seguir este encontro de ida a partir das 20:00 h en directo tanto na TVG2 como en agalega.gal e na canle oficial de Youtube da propia EuroCupWomen.










