
Ferrol acollerá a fase final da XXXII Copa Galicia Sénior Feminina. A competición copeira regresa por segundo ano consecutivo á cidade departamental para dilucidar que equipo ocupa a praza de campión deste 2018.
A cita terá lugar no Pavillón da Malata os vindeiros 28 de setembro, coas semifinais; e 30 de setembro, coa disputa da final.
BAXI Ferrol, en colaboración co Concello de Ferrol; será o organizador da Fase Final da XXXII Copa Galicia Sénior Feminina. A Federación Galega de Baloncesto cede ao equipo ferrolá a posta en marcha da fase definitiva da Copa Galicia, que este ano se celebrará os vindeiros 28 e 30 de setembro no Pavillón de A Malata.
O venres 28 terán lugar as semifinais (18.00 h e 20.15 h), quenda para a que BAXI Ferrol e Durán Maquinaria Ensino xa contaban con praza directa pola súa condición de equipos de Liga Feminina; e para a que tamén están xa virtualmente clasificados, a expensas de que remate a fase previa e se determine a súa orde definitiva; Real Club Celta Zorka e a A.D Cortegada. Posteriormente, a final terá lugar o domingo, 30 de setembro, ás 12.00 h.
Nos próximos días, unha vez completada a Fase Previa, confirmaranse a orde dos enfrontamentos e o prezo das entradas para esta dobre oportunidade de desfrutar do mellor baloncesto feminino en Galicia.
XXXII Copa Galicia Sénior Feminina 2018 – Fase Previa: resultados
XXXII Copa Galicia Sénior Feminina 2018 – Fase Final (Ferrol)
Semifinais (28/09/18)
(18.00 h) DURAN MAQUINARIA ENSINO – 1º CLASIFICADO GRUPO LF’2 (Y)
(20.15 h) BAXI FERROL – 2º CLASIFICADO GRUPO LF’2 (X)
Final (30/09/18 – 12:00 h)
GAÑADOR X – GAÑADOR Y










