Basketology Camp 2024 para Adestradores

A Escola Galega de Adestradores FGB activa, para a nova temporada 2024/2025, novo marco de colaboración con iniciativas privadas que busquen mellorar a formación e capacidades dos e das adestradoras galegas.

A primeira das actividades en abrir este campo de interrelación é o Basketology Camp 2024 para Adestradores, actividade con sede en Foz que se realizará durante o mes de xullo da man de Basketology Group.

Este Basketology Camp 2024 ofrecerá aos adestradores diferentes espazos comunicativos no traballo con xogadores profesionais e onde os técnicos inscritos e presentes participarán de forma activa desta experiencia.

Todos os detalles da iniciativa, que en concreto terá lugar do 15 ao 20 de xullo, poden consultarse na ligazón oficial da mesma https://basketology.recordeventos.com/entrenadores/

Inscrición para Adestradores Federados

As persoas con licenza FEGABA como adestradores na temporada 2023/2024 poderán inscribirse cun 15% de desconto.

Así mesmo se a inscrición é de tres adestradores, ou máis, por parte dun mesmo club contarase cun 10% de desconto adicional (un total de – 25%).

Validación Horaria

Os adestradores que teñan a categoría de “alumnado EGA” poderán validar a súa participación por un total de 4 Horas de Formación Complementaria Diarias.

Información e Inscrición

O sdetalles para levar a cabo o proceso de inscrición podes consultase na seguinte ligazón: :https://basketology.recordeventos.com/entrenadores/

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram