ACTIVAMOS a campaña “BASKET BRIDGES – O Baloncesto constrúe pontes” da man da Fundación Amare Terra.
25 persoas inmigrantes e solicitantes de asilo reúnense cada semana en Santiago para algo máis que xogar ao baloncesto: constrúen comunidade, rutina e pertenza!.
Desde a FEGABA, con Erasmus+Sport e no marco do proxecto Basket Bridges creamos este espazo onde o baloncesto se converte na linguaxe común que derruba barreiras e constrúe pontes.
Como podes formar parte desta campaña?
Ata marzo de 2026 temos un calendario completo de actividades neste proxecto, e para que todas as persoas poidan participar plenamente, buscamos apoio para equipalas deportivamente, con material e medios de transporte.
A túa aportación vai sumar: Facilita a integración, crea espazos de convivencia e leva os valores do Baloncesto Galego ben alto.
Descobre como colaborar endonar a través de TerraMove, a plataforma de mecenado deportivo da Fundación Amare Terra co patrocinio da Xunta de Galicia.
Colaboran con nós en Basket Bridges: a ONG Rescate e ADB Fontiñas
ACCEDE AQUÍ a CAMPAÑA se desexas coñecela ao detalle ou realizar a túa DOAZÓN!










