“Basket Bridges” – Newsletter Nº 2: Que logramos nos últimos 7 meses?

O proxecto “Basket Bridges – Integración de Inmigrantes a través do baloncesto” continúa avanzando a gran ritmo!

Esta iniciativa “Erasmus+Sport”, na que participamos, está dirixida polo Youth Basketball Club Junior (Serbia) e reúne a socios de España (Federación Galega de Baloncesto), Turquía (Sorgun Gençlik Derneği), Polonia (Fundacja Inthinknity) e Grecia (Institoyto Koinonikis Kainotomias kai Synoxis – Instituto de Innovación Social e Cohesión) para mellorar a inclusión social a través do baloncesto. O proxecto ten como obxectivo aumentar a participación dos inmigrantes nos deportes, fomentando ao mesmo tempo as conexións entre os inmigrantes e as comunidades locais.

Compartimos con vós a Newsletter Nº2  do proxecto, na que se detalla o avanzando durante estes sete meses de traballo, nos que demos pasos moi importantes de cara a presentar actividades deportivas e de carácter social!

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias