“Basket Bridges”, integración a través do Baloncesto da man de “Erasmus+Sport”

Primeiros pasos de “Basket Bridges” o segundo dos programas Erasmus+Sport nos que a Federación Galega de Baloncesto está inmersa dende o inicio desde ano 2025.
 
A primeira sesión de traballo desta iniciativa, na que participou o noso responsable FEGABA nesta área, José Cobelo, tivo lugar este mes de febreiro en Niš, Serbia; co obxectivo da integración da poboación inmigrante a través do Baloncesto.
 
Nesta fase inicial de traballo, dende FEGABA realizamos un mapeo e deseño da estratexia que seguirá o proxecto nos diferentes territorios.
 
Os nosos asociados neste programa son: Omladinski Kosarkaski Klub Júnior (Serbia), Fundación Inthinknity (Polonia), Sorgun Genclick Dernegi (Turquia) e  Institoyto Koinonikis Kainotomias Kai synoxis (Grecia).
 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram