A Federación Galega de Baloncesto celebrou este luns, 16 de xuño; a súa Asemblea Xeral 2024 – 2025, dando cumprimento á orde do día estipulada, e con 34 asembleístas presentes.
O Presidente FGB, Julio Bernárdez; abriu a mesma realizando balance da temporada dende diferentes perspectivas e dando paso aos diferentes responsables de áreas FEGABA: Daniel Illán, Director Técnico CGAB; Darío Méndez, Director Deportivo; e Carlos Colinas, responsable durante esta temporada da Escola Galega de Adestradores.
Os asembleístas acometeron as votacións e aprobacións relativas ás Modificacións do Regulamento Xeral e Disciplinario, ás Bases de Competición, Calendario de Actividades 2024 – 2025, as contas anuais e o orzamento.
Normativa e Informe de Actividades
A nova normativa FGB aprobada na Asemblea poderá consultarse nos vindeiros días. Pola súa banda, o Informe de actividades 2024 – 2025 xa está dispoñible.










