
A Federación Galega de Baloncesto anuncia a convocatoria da súa Asemblea Xeral 2018 para o vindeiro 18 de xuño.
A cita terá lugar no Hotel Eurostars San Lázaro (Santiago de Compostela) ás 17.00 h en primeira convocatoria, e ás 17.30 h en segunda; e durante a mesma porase sobre a mesa a seguinte orde do día:
1º – Reconto dos Membros presentes.
2º – Aprobación da acta da sesión anterior.
3º – Informe do Presidente.
4º – Modificación Estatutos.
5º – Modificacións dos Regulamentos Xeral e Disciplinario da FGB para a tempada 2018/19, aprobados pola Comisión Delegada.
6º – Aprobación Normas para Competicións Oficiais da FGB para a tempada 2018/19, aprobados pola Comisión Delegada.
7º – Aprobación Calendario de Actividades 2018 – 2019.
8º – Contas Anuais e liquidación do Orzamento do Exercicio 2017.
9º – Orzamento do Exercicio 2018.
10º – Ratificación dos Comités de Competición e Apelación.
11º – Rogos e Preguntas.










