
A Federación Galega de Baloncesto celebra este xoves, 21 de decembro; a súa Asemblea Xeral Extraordinaria 2017.
A cita terá lugar na propia sede da FGB en Santiago de Compostela (Estadio Multiusos de San Lázaro, porta 14) ás 17.30 h en primeira convocatoria, e ás 18.00 h en segunda: e durante a mesma porase sobre a mesa a aprobación do Orzamento 2018, información que se atopa no documento que achegamos.










