En cumprimento coa lei electoral remitida pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, celebrouse o luns, 23 de marzo, a Asemblea Xeral Extraordinaria FEGABA co Proceso Electoral no obxectivo.
Durante a sesión, a Asemblea, cun total de 13 asembleístas presentes, aprobou por unanimidade o Regulamento e Calendario Electoral e a autorización á Xunta Directiva ou Comisión Xestora para as posibles modificacións que propoña a Secretaría Xeral para o Deporte aos indicados documentos.
Así mesmo, quedaron elixidas a Xunta Electoral e a Comisión Xestora FEGABA.
Achegamos a continuación o regulamento electoral e calendarios confirmados e a acta da propia asemblea.
Calendario Electoral FEGABA 2026
Regulamento Electoral FEGABA 2026
Acta Asemblea Extraordinaria – 23/03/26







