
A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto dá a coñecer o renovado cadro de traballo 2014 – 2015 para as Seleccións Galegas Cadetes.
Os combinados autonómicos desta categoría, sempre os primeiros en iniciar o plan técnico anual; comezarán a súa temporada os vindeiros días 11 e 12 de outubro e farano cos seguintes técnicos ao fronte:
Selección Galega Cadete Masculina
Seleccionador: Cesar Iglesias Molares (Club: CD Bosco)
Adestrador axudante: Francisco Luis Rodríguez Trigo
Delegado: Denis Pombar Pose (Club: CB Santa Baia)
Selección Galega Cadete Feminina
Seleccionador: Jose Jesús Vázquez Mougan (Club: Porta XI Ensino)
Adestrador axudante:: Víctor Fernández Fernández (Club: ADM Peleteiro)
Delegada: Cristina Castells Castaño (Club: CD Bosco)
“Pepe” Váquez, actual técnico de Durán Maquinaria Ensino en Liga Feminina 2; e César Iglesias, que repite como Seleccionador Cadete por segundo ano consecutivo, guiarán o temón das Seleccións imprimindo a súa avalada experiencia. Xunto a eles, e sumando a súa bagaxe deportiva e capacidade de traballo, estarán os novos axudantes e delegados, cuxa achega á vixente estrutura será de crucial importancia.










