
Un mes despois da súa última concentración, as preseleccións galegas minibasket regresan ao traballo con cita o vindeiro domingo, 12 de febreiro.
Visitando de novo o Pavillón Municipal de A Estrada, os combinados autonómicos que lideran Fernán Varela, en categoría feminina; e Javier Cotelo, en masculina; afrontarán sesión completa de adestramento, en quenda de mañá e tarde.
Esta convocatoria chega da man dun compoñente formativo, abrindo as súas portas a todos aqueles alumnos dos cursos de adestradores FGB que desexen achegarse a observar e compartir cos seleccionadores os pormenores da xornada.
Os interesados en aproveitar esta ocasión poderán solicitar a súa presenza ata o vindeiro dez de febreiro. Terán que facelo vía mail (adestradores@fegaba.com) e atendendo aos requisitos que se detallan no documento que se achega.
A súa participación nesta proposta didáctica poderá validarse por formación continua (un CETI E 4 HORAS), sempre que asistan de xeito completo ao horario proposto na actividade.
15:45 h – Chegada ao Pavillón
16:00 h a 19.00 h – Observación Adestramentos
19:00 h a 20.00 h- Reunión coloquio cos cadros técnicos para comentar aspectos observados.
Preselección Galega Minibasket Masculina: 12/02/17
Preselección Galega Minibasket Feminina: 12/02/17
Observación e Coloquio: Adestradores FGB – Preseleccións Galegas Minibasket 12/02/17










