
A Área Deportiva da FGB continúa a prestar atención as labores de seguimento e tecnificación, centradas nestes últimos meses de 2013 nos xogadores e nas xogadoras máis novos. Unha fin de semana máis, dende a FGB se convida a participar do seu Programa de Tecnificación, ofrecendo neste caso tres sedes diferentes para facelo: A Coruña, Riveira e Ares.
Ares e Mugardos
A Delegación en Ferrol traslada a súa convocatoria ata a vila de Ares, animando a participar da mesma aos nenos e nenas minis pertencentes aos Concellos da propia Ares, así como ao de Mugardos. A cita está programada para este sábado, 11 de maio.
Riveira
A Delegación de Santiago recolle tamén o carácter itinerante do Programa de Tecnificación establecendo para este domingo, 12 de maio, un novo CETI Mini e Premini coa localidade de Riveira como sede e cos equipos da zona do Barbanza como principais protagonistas.
A Coruña
A Delegación de A Coruña propón CETI para o domingo, 12 de maio; nas instalacións do Pavillón Sagrada Familia, na mesma cidade herculina. No seu caso, os xogadores e xogadoras chamados a participar corresponden á categoría infantil. Todos os detalles dos tres CETIS refírense a continuación:
Delegación en Santiago (Riveira) – 12/05/13
Categoría
Preminibasket e Minibasket
(2002 – 2007)
Sede
Pavillón Coroso
Horario
Preminibasket e Minibasket Masculino e Feminino: 16.00 h
Delegación en A Coruña (A Coruña) – 12/05/13
Categoría
Infantil (2000)
Sede
Pavillón Sagrada Familia
Horario
Infantil Feminino: 16.30 h a 18.00 h
Infantil Masculino: 18.00 h a 19.30 h
Delegación en Ferrol (Ares) – 11/05/13
Categoría
Minibasket (2001 – 2006)
Sede
Pavillón Municipal
Horario
Minibasket Masculino e Feminino: 11.00 h a 12.30 h












