A Xuntanza Minibasket regresa nesta nova temporada 2022 – 2023. O vindeiro martes, un de novembro; en Santiago de Compostela o Minibasket galego volverá ser obxecto principal deste formato de seguimento e avaliación dos xogadores nesta idade.
Articulado previamente gracias ao traballo dos responsables deportivos zonais FGB nos pdcs 2011, o formato Xuntanza pasa a ser un paso adiante importante dentro do Programa de Tecnificación FGB 22 – 23.
A xornada
O Pavillón do Restollal, en Compostela; acollerá a un total de 80 xogadoras e 80 xogadores chegados de toda Galicia. Da man de diferentes adestradores conformarán as seleccións das sete delegacións zonais FGB así como un dobre combinado autonómico baixo a denominación “Galicia 2012”. Estes 16 equipos contarán cun calendario de partidos que permitirá encher a xornada de baloncesto e aprendizaxe pero afastándose do aspecto estritamente competitivo.
As convocatorias ao completo das Selección Zonais FGB e dos combinados Galicia 2012 que darán vida a esta Xuntanza poden consultarse a continuación.