Deporte Galego

Programación de Tecnificación 2022 – 2023

  • 10 Octubre 2022 |

A Área Deportiva FGB abre este mes a programación do traballo de tecnificación. 

Tras celebrar estes pasados 8 e 9 de outubro as primeiras convoctorias de detección e control a través dos eventos xa coñecidos como PDC, a labor de tecnificación para a presente temporada presenta un total de sete meses coa axenda xa marcada para as diferentes categorías: Premini, Minibasket, Infantil e Cadete.

Galería de Imaxes - Programa de Tecnificación 2022 - 2023

Durante este espazo de tempo, e grazas á colaboración indispensable dos clubs e á dinámica de coordinación dos Responsables Deportivos Zonais das Sete delegacións FGB, levaranse a cabo tanto numerosas citas cos indicados PDCs, como diferentes xornadas baixo formatos tamén xa habituais. Así, non faltarán durante esta temporada 2022 - 2023 as citas coa "Harmonización" e a "Xuntaza".

No documento que se achega detállanse os meses que corresponderán coa realización de cada actividade en concreto. Co avance dos meses perfilaranse as datas excatas para cada unha de elas.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis