Deporte Galego

Regresa o formato “Xuntanza” co Minibasket no obxectivo

  • 02 Decembro 2015 |

A Área Deportiva da FGB confía de novo o seu traballo de seguimento e avaliación técnica en torno ao formato “Xuntanza”. Este sistema de concentración reagrupará ás Seleccións Zonais FGB de categoría Minibasket. Con elas realizará en Compostela este mesmo sábado, cinco de decembro, unha xornada deportiva, sen carácter competitivo pero con alto contido lúdico.

Con este obxectivo, 16 equipos, dous por cada Delegación Zonal e con triple representación no caso de A Coruña e Vigo, están citados no Pavillón do Restollal para encher de baloncesto e convivencia as tres pistas habilitadas para a ocasión.

160 xogadores e xogadoras seleccionados previamente polos responsables deportivos de cada área xeográfica conforman a base de traballo para esta “Xuntanza”, cuxos listados de participantes, así como o calendario de xogo, poden consultarse no documentos que se achegan.

A “ESGAR, peza importante
O aspecto arbitral terán tamén o seu peso notable nesta nova “Xuntanza Minibasket” os 24 partidos que se disputaran nesta cita estarán dirixidos polos alumnos da Escola Galega de Árbitros – “ESGAR”.

Dez representantes da Escola gozarán da responsabilidade de comandar os encontros entre as Seleccións, e farano acompañados por sete colexiados galegos de categoría "FEB" e por dous dos nosos representantes en ACB: Jacobo Rial e o propio director técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez Pérez.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis