Deporte Galego

Tui acolle as "Xornadas de Mellora Técnica 2015"

  • 29 Xuño 2015 |

A Área Deportiva FGB non detén o ritmo. A piques de comezar a estruturar o calendario para a inminente temporada 2015 – 2016, una derradeira actividade de tecnificación pecha nestes intres o presente ciclo de traballo e abre o “Horizonte 2018”.

Desde este pasado domingo, 28 de xuño, e baixo o marco denominado “Xornadas de Mellora Técnica 2015” un total de 86 xogadores citados previamente pola FGB están a ser partícipes na localidade de Tui dun proxecto que busca un avance e mellora individual e colectiva de cada un deles, procedendo todos dos CETIS realizados ao longo de todo o ano.

Estendendo esta actividade ata o vindeiro 1 de xullo, catro quendas de traballo segundo a idade (nenos nados nos anos 2002, 2003, 2004 e 2005) forman o núcleo e o motor destas “Xornadas de Mellora”, as cales contan coa valía de técnicos responsables e colaboradores:

Adestradores Responsables:

Ricardo Aldrey (categoría infantil)

José Miguel González (categoría alevín).

Adestradores:

Lino López (Universitario Ferrol)

Andrés Cadahia (Pio XII)

David González Beceiro (Estradense)

Nerea Arca (Fedesa Rosalía)

Javier Peinó (Estudiantes Lugo)

David Bernárdez (Novobasket Vigo)

Carlos Maceiras (Blanco Amor)

Aitor Martínez (Canteiras Porriño)

Adriana González (Valle Inclán)

Martin Puñal (Básquet Coruña)

Estos 12 profesionais compartirán ata o citado un de xullo catro xornadas 100% baloncesto, nas que tampouco faltarán outros aspectos do noso deporte xestionados dende un plano estritamente teórico: nutrición, hixiene e psicoloxía deportiva, entre outros.

Todo o seu bo facer e compromiso porán a primeira pedra do escenario de traballo que a FGB emprenderá nesta 2015 – 2016 coa meta posta no ilusionante ano 2018.

Os listados co total dos xogadores convocados por cada categoría nesta primeira edición das “Xornadas de Mellora Técnica” achéganse no documento habitual.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis