Presentamos a nova app oficial da Federación Galega de Baloncesto, que xa está dispoñible para a súa descarga tanto para sistemas android como ios.
Trátase dunha app completa que, ademais da información referente a competicións integra tamén a información referida as licenzas. Esta renovación supón que pasamos de ter dúas app diferentes a congregar todos os servizos nunha única e actualizada.
A mudanza á esta nova app debe xestionarse polos usuarios de maneira diferente en función do sistema operativo que manexen. Detallamos o proceso:
Android
Os usuarios de Android deben desinstalar a app antiga de competicións e instalar a App nova, que xa está dispoñible no Playstore. Trátase dunha app completamente renovada na cal tamén están integrada as licenzas. A app utilizada ata o de agora para as licenzas queda en desuso.
iOs
Os usuarios de iOs que teñen actualmente descargada a app de competicións da FGB unicamente deben actualizala. Con esta actualización acceden xa á nova versión, na que, como xa indicamos, tamén están integradas as licenzas.
Remarcamos que, por iso, a app de licenzas que se utilizaba ata o momento queda xa en desuso.
Os usuarios de iOS que non tivesen descarga a app antiga de competicións teñen que descargala, desde cero, do seu apple store.