
A Federación Española de Baloncesto comunica o nome dos adestradores galegos admitidos para tomar parte da presente edición, a XXXVIII, do Curso de Adestrador Superior.
Con toda a documentación de inscrición presentada de xeito correcto, serán NOVE os adestradores adscritos á Federación Galega de Baloncesto que tomarán parte nesta 2013 – 2014 dunha nova convocatoria do CES.
Os nosos representantes serán:
María Luísa López González
Pablo Míguez Fernández
Alberto Pérez Vidal
Diana Piñeiro Fernández
Denis Pómbar Pose
Juan Raposeiras Iñarrea
Rubén Vieira González
Xosé Manuel Leyenda Pedreira
Pedro Fernández Campos
Para todos eles, esta importante experiencia formativa iníciase xa na xornada de mañá, venres 11 de abril; data marcada para a apertura da fase non presencial do Curso. A Fase Presencial, pola súa banda, celebrarase en Zaragoza entre os días 12 e 27 de xullo.












