
O Comité Galego de Árbitros designa a Alejandro Pérez e Adrián Iglesias, colexiados adscritos ao Grupo 2 FEB, para representar a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadetes, cita que dará inicio o vindeiro tres de xaneiro en Cáceres.
Alejandro e Adrián, dos Comités zonais de A Coruña e Vigo, respectivamente; viaxarán a Cáceres, sede do Campionato, coa expedición galega e xunto a ela, tomando parte da cita deportiva e dirixindo encontros na mesma, permanecerán ata o seu remate, marcado para o seis de xaneiro.
Polo tanto, ambos os colexiados, que xa contan con experiencia en Campionatos desta índole, poderán sumar á súa traxectoria unha nova aprendizaxe de ámbito nacional da que extraer, de seguro, novas conclusións positivas.












