A Área Deportiva FGB activa na zona da Mariña Lucense o primeiro Curso de Formación en Iniciación para adestradores da temporada 2017 – 2018.
Esta zona xeográfica, enmarcada na Delegación Lucense da FGB; será a sede dunha convocatoria que conta cos seguintes requisitos temporais:
Delegación Lugo (A Mariña) - Curso de Iniciación setembro - outubro 2017
Formación Non Presencial (Vía Plataforma on line FGB): inicio o 02/10/2017.
Formación presencial: 30/09/2017 e 01/10/2017. Sede: Polideportivo Municipal San Ciprián.
Inscrición: aberta ata o 28/09/2017
Os interesados en tramitar a inscrición deben xestionala a través da Delegación Lucense. Para iniciar o proceso será preciso executar o pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
Posteriormente a delegación deberá recibir vía mail o xustificante deste ingreso, así como o formulario de inscrición preciso: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.