A Área Deportiva FGB e a Escola Galega de Adestradores (EGA) entrelazan camiños para ofrecer nova actividade formativa dirixida ao alumnado dos cursos FGB de Iniciación e Nivel 1.
No marco da primeira concentración da temporada 2024 – 2025 que as Seleccións Galegas Infantís realizarán en Marín este domingo, 8 de setembro; a EGA abre a posibilidade ao seu alumnado de tomar parte na mesma, asistindo aos adestramentos de Galicia tanto en horario de mañá, como na franxa de tarde.
Os técnicos participantes nesta actividade contarán cunhas pautas e traballo didáctico específico, titorizado pola adestradora, e integrante da estructura da EGA, Nacary Rojas.
Inscrición
A inscrición neste encontro formativo coas selección pode realizarse vía FORMULARIO WEB.
O prazo para completar a mesma estenderase ata o sábado, 7 de setembro (ás 12:00 h).
Validación
A asistencia, de xeito completo, á xornada en Marín, poderá validarse por unha actividade FC de Nivel 0 + 5 Horas FC ou por un total de 10 Horas FC.












