
A Delegación FGB en Ferrol convoca o Curso de iniciación para Adestradores correspondente a súa programación da presente temporada 2017 – 2018.
Destinado a celebrarse nas últimas datas de abril, este curso traslada a posibilidade de participar da carga lectiva propia da formación de nivel iniciación, coas características que se detallan nos documentos que achegamos, e cuxo reparto temporal acometerase do seguinte xeito:
Fase Presencial
28 e 29/04/18 e 01/05/18 (Sede: CPR Santiago Apóstol) (Horario: 09.00 h – 13.30 h e 15.30 h – 21.00 h)
Fase non presencial e avaliativa
Dende o propio día 1 de maio ata o día 25 dese mesmo mes.
Inscrición
As persoas interesadas en tramitar a súa inscrición deben xestionala a través da Delegación Ferrolá, completando o seguinte proceso antes do día 25 de abril:
1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros – Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
2. Envío, vía mail, do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición: delegacionferrol@fegaba.com
Formulario Preinscrición Formación en Iniciación Adestradores: 2017 – 2018
Programa de Bolsas de axuda económica “Tono Lagares”: 2017 – 2018
Formulario solicitude Bolsas “Tono Lagares”: 2017 – 2018
Formación en Iniciación Adestradores: Normativa 2017 – 2018
Formación en Iniciación Adestradores: Normativa 2017 – 2018












