Adestradores: dobre convocatoria en iniciación para pechar a temporada

A área de adestradores FGB activa dous novos Cursos de Iniciación a celebrar o vindeiro mes de xuño.

Con sede nas Delegacións de Coruña e Vigo, levaranse a cabo dous cursos de nivel iniciación e baixo a normativa para adestradores e carga didáctica vixente na presente temporada.

Ambos as convocatorias repartirán a súa carga lectiva en fase presencial e fase online, comezando esta última ao remate da formación en persoa.

Detallamos a continuación as datas, sedes e proceso de inscrición concretos para ambas as citas:

Curso Iniciación – Delegación Coruña
Formación Presencial: 16, 17 e 18 de xuño.
Sede: Agra 2 – A Coruña

Curso Iniciación – Delegación Vigo
Formación Presencial: 9, 10 e 11 de xuño.
Sede: CUVI – Vigo.

Inscrición

A inscrición debe realizarse seguindo tres pasos:

1. Cumprimentar e enviar o FORMULARIO ONLINE DE PREINSCRICIÓN

2. Unha vez enviado o formulario, é preciso remitir vía mail a adestradores@fegaba.com a seguinte documentación:

• Xustificante de pago da cota de inscrición do Curso: 200 euros a ingresar en Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406.

Esta taxa inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

• Unha Fotografía tamaño carné e unha Fotocopia do DNI (unicamente se non se ten licencia en vigor na FGB).

A FGB confirmará a inscrición unha vez reciba tanto o formulario como os documentos de cada alumno.

O prazo de inscrición pecharase o vindeiro 5 de xuño para a convocaria viguesa e o 12 de xuño para a cita en A Coruña.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram