
A Delegación FGB en A Coruña promove nova convocatoria para a formación en iniciación de adestradores. A mesma, marcada xa para celebrarse no mes de marzo, contará coa seguinte programación:
Curso Iniciación Adestradores – A Coruña
Fase Presencial
2 – 3 e 4 /03/19: de 09.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 21.00 h. (Sede: Colexio Compañía de María).
Fase non presencial e avaliativa
Realizarase a través da Plataforma de Formación online FGB unha vez rematada a primeira etapa do curso.
Inscrición
As persoas interesadas en tramitar a inscrición nesta convocatoria teñen ata o día 28 de febreiro para facelo, cumprindo un dobre paso:
1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros – Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
2. Envíar, vía mail, á delegación correspondente (delegacioncoruna@fegaba.com) do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición.
A documentación e formularios precisos para completar este proceso achégase xunto a esta información.
Normativa Iniciación 2018 – 2019
Formulario Preinscrición Iniciación Adestradores: 2018 – 2019
Solicitude Bolsas de axuda económica “Tono Lagares”
Programa de Bolsas de axuda económica “Tono Lagares”












