Adestradores: Convocatoria para o Nivel Iniciación en A Coruña

Convocatoria activa para a formación en NIVEL INICIACIÓN 2024 – 2025. da man da Escola Galega de Adestradores.

A nova proposta formativa terá como escenario físico a delegación zonal FEGABA en A Coruña, coa colaboración do Colexio Liceo La Paz.

Cumprindo a estrutura habitual da formación en iniciación EGA, o Curso levarase a cabo en formato mixto, compaxinando aulas online e presenciais, e establecendo a carga lectiva ao longo do vindeiro mes de maio.

Detallamos os pormenores da convocatoria e o seu proceso de inscrición:

Sede – Fase Presencial: A Coruña. Colexio Liceo La Paz. 

Formación Presencial: 10 e 11 de maio de 2025 (de 10:00 h a 14: oo h e de 16:00 h a 21:00 h) .(Asistencia Obrigatoria)

Formación ON LINE: (de Asistencia Obrigatoria)

06/05/25 (20:00 h a 22:00 h).
07/05/25 (20:00 h a 22:00 h).
08/05/25 (20:00 h a 22:00 h).
13/05/25 (20:00 h a 22:00 h).
14/05/25 (20:00 h a 22:00 h).
15/05/25 (20:00 h a 22:00 h).

Inscrición

A inscrición en cada curso pode realizarse xa eo prazo para tramitala rematará o vindeiro 1 de maio.

A mesma, cunha cota de 200 euros, poderá realizarse través de dúas vías diferentes:

– As persoas que se inscriban e abonen o curso de xeito particular e individual deben tramitar o proceso a través da nosa TENDA FEGABA para as accións formativas.

– Aqueles adestradores cuxa inscrición e abono da mesma se realice a través do seu club, deberán enviar a adestradores@fegaba.com o xustificante de pago e a reseña dos seus correspondentes datos persoais (Nome completo, DNI, data de nacemento, email de contacto do alumno e club de orixe).

NORMATIVA

No apartado ADESTRADORES – INICIACIÓN da web permanece dispoñible tanto a Guía Didáctica 2024 – 2025 do nivel iniciación, así como a información relativa á Formación Complementaria que comprende a este curso.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias