
Nova cita formativa no calendario deste 2017. Sumándose aos cursos xa celebrados en Vigo, Lugo e A Coruña, dúas novas delegacións FGB, Ourense e Santiago, teñen todo preparado para acometer a súa quenda formativa en iniciación.
Destinando a posta en marcha desta actividade para o próximo mes de abril, a carga lectiva estipulada para cada estadio didáctico estará repartida do seguinte xeito:
Delegación Santiago – Curso de Iniciación marzo 2017
Formación Non Presencial (Vía Plataforma on line FGB): a partir do 27/03/17.
Formación presencial: 08, 10 e 11/04/17 Sede: Boiro.
Inscrición: aberta ata o 26/03/2017.
Delegación Ourense – Curso de Iniciación marzo 2017
Formación Non Presencial (Vía Plataforma on line FGB): a partir do 24/03/17.
Formación presencial: 08, 09 e 10/04/17 Sede: Instalacións cedidas por Club Carmelitas Vedruna.
Inscrición: aberta ata o 23/03/2017.
Os interesados en tramitar a súa inscrición deberán materializar a mesma a través da delegación implicada, seguindo este plan de acción:
– Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros – Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.
– Enviar ás delegacións vía mail o xustificante deste ingreso, así como o formulario de inscrición oficial (delegacionsnatiago@fegaba.com e delegacionourense@fegaba.com)
Bolsas
Para esta dobre convocatoria, a Área de Adestradores FGB mantén aberto o seu programa de bolsas de axuda económica. Nesta liña, as persoas interesadas en tramitar a súa participación nas propostas de Santiago ou Ourense poderán optar a estas bolsas, sempre e cando o soliciten no mesmo intre de tramitar a súa inscrición, sexan nados no ano 1995 ou posteriores e residentes en Galicia.
Así mesmo, será imprescindible resultar APTO en primeira convocatoria do curso para conquerir esta axuda.
Nos documentos que se achegan remítense as bases e información concreta para a formaicón en inciación e a solicitude das bolsas. Así mesmo, no apartado FORMACIÓN en INICIACIÓN permanecen aloxados os datos precisos da a´rea formativa para os adestradores galegos.
Normativa Cursos Iniciación 2016 – 2017
Formulario Solicitude Preinscrición Cursos Iniciación
Formulario Solicitude Bolsas Iniciación 2016 – 2017
Normativa Bolsas Iniciación 2016 – 2017












