A Fase Final da XXXIV Copa Galicia Sénior Feminina chega a Marín esta fin de semana e tamén o fai a FEGABA TV. A nosa canle oficial en YouTube programa a retransmisión en DIRECTO das Semifinais e Final desta Copa.
Como primeiro prato desfrutaremos das dúas semifinais programadas para este venres, 17 de setembro. Ademáis do público que acceda ao Pavillón da Raña (cun aforo limitado a 180 persoas por partido), tamén poderán desfrutar delas os espectadores de FEGABA TV. Pola súa banda, a retransmisión da FINAL chegará o domigo, 19 desetembro, ás 12.00 horas. E todo isto, a tan só a un clic!