A Federación Galega de Baloncesto toma contacto co proxecto Ecoballution, iniciativa de economía circular vinculada ao deporte.
A FGB coñece o proxecto Ecoballution
- 28 Decembro 2022 |
- Sección: Actualidade
Galicia xa coñece as catro seleccións que nos representarán no Campionato de España Infantil e Cadete. Os 12 xogadores e 12 xogadoras confirmadas en cada categoría vivirán entre o 3 e 7 de xaneiro 2023 a oportunidade de desfrutar de todo o que supón un campionato destas características: deporte e aprendizaxe intensa na pista e fóra dela.
As nosas Pre Seleccións Galegas infantil e cadete femininas, e a cadete en categoría masculina; afrontan nestes días festivos a oportunidade de medir o seu estado de xogo a un mes da súa cita definitiva: o Campionato de España.
Os combinados femininos participan en senllos torneos amigables no País Vasco, atopándose en fronte a Euskadi, Castilla León e Asturias. Pola súa banda, os cadetes masculinos compiten en Pola de Lena (Asturias) xunto a selección local, Cantabria e País Vasco.
A FGB, en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas e con Amura Sport; pon en marcha a XIII edición do seu “Certame de Debuxo: O Baloncesto e o Nadal”, concurso que cada temporada decide a postal que desexará boas festas a todos os federados, e que este ano ten un compoñente solidario e especial.
A Comisión Executiva da FEB designou as sedes dos Campionatos de España de Clubs das dúas próximas tempadas. Tamén hai sede confirmada para as tres próximas edicións do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket.
O Concello de Marín, coa colaboración de Club Baloncesto Marín Peixegalego, volverán a ser anfitrións esta temporada 22 - 23 dun Campionato de España de Clubs: o Infantil Feminino.
Galicia será sede tamén para esta categoría, en masculino e feminino, na vindeira temporada 23 - 24.
As Seleccións Galegas 2022 - 2023 Infantís e Cadetes afrontan nesta temporada 2022 - 2023 un calendario de traballo que se estende durante cinco meses, de setembro a xaneiro; e que repartirá as súas concentracións nos catro primeiros.
Co Campionato de España en xaneiro 2023 como a meta principal, a Área Deportiva FGB configurou unha programación para os combinados galegos na que repartir o peso do traballo e na que poder configurar as diferentes convocatorias precisas.
Compostela volve a ser escenario para as roldas clasificatorias á 1º División FGB.
As dúas categorías que restan por poñer en xogo os seus ascensos vivirán na capital galega o desenlace das súas Fases Previas. Son a cadete femenina e a infantil masculina, nas que se compite por unha e dúas prazas de ascenso, respectivamente.