Deporte Galego

Pesar polo falecemento de Carlos Núñez

A Federación Galega de Baloncesto amanecía hoxe coñecendo a triste nova do falecemento de Carlos Núñez, histórico presidente de Ademar Vigo, figura referente do Baloncesto Galego e cofundador, xunto co noso Presidente de Honra, Paco García; desta Federación.

Chegan as "Conversas Técnicas On Line"

A Área Deportiva FGB súmase as actividades online adaptadas a esta época de confinamento e presenta as súas “Conversas Técnicas On line”. De acceso para todos aqueles adestradores e adestradoras que o dexesen baixo inscrición previa, chegan tres citas en formato de mesa redonda nas que dar protagonismo ao traballo técnico dos adestradores e tamén a apartados de carácter directivo.

O CAGB activa seminarios formativos Online de carácter internacional

O CGAB continúa a xerar actividade a nivel formativo. O Comité Galego de Árbitros pon en marcha esta semana un rolda de seminarios online nos que porá en contacto a todos os integrantes do Comité con profesionais da arbitraxe do máis alto nivel.

Rendabilizando o valor que as novas tecnoloxías están tomando didácticamente nestes días de confinamento, o CGAB estrea este mércores, 15 de abril (20.00 h) esta nova iniciativa reunindo nunha primeira sesión virtual a todo o seu colectivo co árbitro puertorriqueño e internacional FIBA, José Anibal Carrión.

En EQUIPO na loita contra o COVID - 19: quedamos na casa!

Ben sabemos a importancia do traballo en EQUIPO E nestes momentos, a nós tócanos parar para axudar a que os sanitarios e tant@s outros profesionais claves na loita contra o COVID19 poidan traballar sen descanso. Xogador@s, adestrador@s, árbitr@s, oficiais,directiv@s, persoal federativo e afección quedamos na casa e AGRADECEMOS o esforzo sen límites de tod@s os que están en primeira liña.
Sigamos, sempre en EQUIPO! 
#euquedonacasa

Peche das sedes físicas FGB - Atención exclusiva vía mail

Ante a situación de emerxencia e alerta sanitaria na que nos atopamos, queremos comunicar que, en principio, ata o vindeiro 13 de ABRIL, todas as sedes da Federación Galega de Baloncesto permanecerán pechadas, e pasaremos a atender as consultas e solicitudes que teñades exclusivamente vía mail.

Suspendida a celebración do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket

(Información: Competicións FEB).  Con motivo do acordo adoptado polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde polo que suspende a actividade docente presencial en todos os niveis educativos, así como a suspensión das actividades complementarias educativas na Comunidad de Madrid, a Cidade de Vitoria e a localidade de Labastida e a recomendación de evitar viaxes que non sexan necesarios, a Federación Española de Baloncesto acordou no día de onte o seguinte:

O Campionato de España Mini 2020 xa ten calendario

A FEB vén de facer público o calendario do Campionato de España Minibasket 2020, que se disputará na localidade andaluza de San Fernando do 4 ao 8 de abril de 2020. Cinco días de competición cos mellores talentos menores de 12 anos.

Aula Formativa do #adestradorgalego: nova cita en Culleredo

Segunda convocatoria da temporada para a nosa “Aula Formativa do Adestrador Galego”. A escasos quince días da súa estre nesta 2019 – 2020, este formato continúa activo e presenta unha nova oportunidade de compartir coñecemento e aprendizaxe da man da área deportiva FGB e coa colaboración de CB Culleredo. A cita será este domingo, 8 de marzo.

Listas definitivas para as Seleccións Galegas Minibasket

Concluída a experiencia do Torneo “Concello de Marín” de Seleccións Autonómicas, a Área Deportiva FGB dá a coñecer as Seleccións Galegas Minibasket definitivas que competirán en San Fernado (Cádiz), entre o 4 e 8 de abril; no agardado Campionato de España.

Representación arbitral na Copa do Rei e Copa da Raíña

Doble representación galega nas Copas do Rei e da Raiña. Os máximas torneos do KO nacionais contarán coa presenza dos colexiados coruñeses Carlos Cortés, no caso da copa ACB: e de Paula Lema na Copa da Raíña. Parabéns a ambos!

A Coruña busca novos adestradores

A formación en iniciación para adestradores regresa neste 2020 coa convocatoria dun novo curso na Delegación de A Coruña. Establecido para celebrarse nas datas previas ao entroido, esta inminente oportunidade didáctica presenta o seguinte programa e requisitos para a inscrición:

As Preseleccións Galegas Minibasket toman protagonismo

As preseleccións galegas Minis recollen a testemuña do traballo deixado polas as súas irmás maiores, infantís e cadetes; tras o Campionato de España. Os nosos combinados autonómicos mási novos, que dirixen Rosa Crespo e Valentín Perez, en feminino e masculno, respectivamente; concentraranse esta fin de semana, 1 e 2 de febreiro, na súa sede habitual, a localide de A Estrada (Pavillón Manuel Coto Ferreiro).

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence